Reflexión Módulo 1
“Marco conceptual da orientación Laboral”


Antes de decir nada debo deixar claro que o meu coñecemento sobre a orientación laboral e case nula. Soamente coñezo da mesma o que puiden aprender ao longo da carreira de Pedagoxía, na especialidade Social-Laboral. Tendo isto como de punto de partida, decir que no Módulo 1 deste Posgrao, en ocasións estiben algo perdida xa que non me soaban moitas das cousas que había nos apuntes, situación que se foi solventando nas sesións presenciais, onde algunhas das dubidas se foron despexando. 
https://lh3.googleusercontent.com/-CRG-L7OjYXs/VA1cBwRy7OI/AAAAAAAAKtM/VFjuvoPBrQ0/w769-h577-no/IMG_20140905_153101.jpg

Así pois, comezando polo tema primeiro “Marco de referencia da Orientación Laboral”, o que eu me esperaba deste tema era que se comezase a falar de onde surxiu a orientación laboral, etc.. para deste xeito ir situándonos na temática a tratar. Unha vez exposto o tema e lida a documentación ao respecto, vin que iso non era así. Comezabamos de cheo co Sistema Nacional de emprego (SNE) e as Políticas de Emprego en España e Europa.  En canto ao servizo de emprego decir que foi un apartado que xa coñecía e polo tanto non foi difícil entendelo, non ocorreu o mesmo coas políticas de emprego, xa que a pesares de oír falar delas con anterioridade, descoñecía aspectos como a Estratexia Española de Emprego, sen falar da relativa a Europa. Así pois, en conclusión, considero que este tema, a pesares das dúbidas e descoñecementos que tiña, é importante para poder contextualizar e entender o tema do emprego e serviume para coñecer todo o marco das políticas de emprego que, ata o momento, non coñecía moito. 
https://lh3.googleusercontent.com/-DNlEGPpmhTg/VA1cOZu-U_I/AAAAAAAAKuA/4Jny7rMEvlc/w769-h577-no/IMG_20140906_104544.jpgEn canto ao tema 2 “O mercado Laboral” foi un tema moito mais sinxelo para min xa que coñecía case todos os aspectos a tratar no mesmo ao ser  abordados cando estudada Pedagoxía, polo que entendelo foi tarefa fácil. Soamente sinalaría como algo novidoso para min, as dúas formulación existentes para comprender as causas do paro ( formulación clásica e Keynesiana)  e o equilibrio de mercado, cuxas representacións gráficas ao principio me custou interpretar, a pesares de que a teoría a entendín ao momento. Así pois, solo podo decir ao respecto que este tema é realmente importante, xa que a hora de orientar a unha persoa é fundamental coñecer o mercado laboral que nos rodea.

Ligazón permanente á imaxe encaixada En canto ao tema 3 “Certificación e formación profesional” en parte segue na mesma liña que o anterior. Parte do seu contido xa me soaba de anterioridade, aínda que si había aspectos do mesmo que foron novidosos para min e que considero que son importantes para profundizar aínda amais no mundo da orientación laboral, xa que nos axudan a que a
orientación que ofrezamos aos nosos usuarios sexa de calidade e veraz. Estes aspectos novidosos para min son, por exemplo, os requisitos para acreditar as competencias, xa que descoñecía o procedemento do mesmo ou polo menos non o recordaba. En canto ao relativo aos Certificados de Profesionalidade descoñecía cales eran as fases a seguir para a súa acreditación pola vía laboral, e tamén descoñecía que, aínda que realices unha formación, posteriormente deberás solicitar o Certificado de profesionalidade se correspondese. En conclusión a este tema, decir que destaco a importancia do mesmo todo no seu conxunto, xa que considero básico para calquer profesional da orientación coñecer estes aspectos a hora de desenvolver a súa labor con eficacia, xa que os temas relativos a Certificación Profesional son de gran relevancia para todo orientado.

Ligazón permanente á imaxe encaixadaEn canto ao tema 4 Política social e de emprego na Unión Europea”, podería decir que este tema foi o mais complicado para min, o que máis descoñecía e o que mais me custou entender, aínda que unha vez explicado nas sesións presenciais e revisados os apuntes, non era tan complicado como parecía nun primeiro momento, sen embargo, na súa exposición si que me custou captar toda a información de forma clara.   A pesar do meu gran descoñecemento sobre o mesmo, si que había algún termo que me soaban de anterioridade, como por exemplo a Rede Eures, o  programa Erasmus ou o Fondo Social Europeo, en contraposición con outros que apenas coñecía como poden ser a política de emprego na UE, os organismos de emprego ou algúns dos diversos programas mencionados. En conclusión decir que este tema pode ser de utilidade para aqueles orientados cualificados que se plantexan desprazarse a outro país porque en España non atopan traballo en relación a súa formación, a cal é case na súa totalidade de carácter universitario, sen embargo, non creo que sexa de gran utilidade para a outra gran maioría de orientados, os cales o que buscan é orientación que se centre en buscar traballo no noso país. Ademais esta información quizais a ofrezan de mellor maneira e de xeito mais exacto as propias universidades, xa que penso que nos propios servizos de colocación e orientación descoñecen gran parte desta información.

Xa para finalizar e no relativo ao tema 5 “ A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral” comentar que foi un tema fácil de entender aínda que descoñecía gran parte do contido e a sesión presencial axudoume a entendelo mellor a aprender cousas novas. Considero este tema igual de importante que os demáis, xa que é vital para todo orientador coñecer as claves para emprender, de xeito que poida informar e orientar adecuadamente as persoas que lle vaian solicitar axuda e información. 
Ligazón permanente á imaxe encaixada
Sen embrago, considero que dito tema non creo que sexa ben dominado polos orientadores laborais, sobre todo no relativo a cales son os contidos dun plan de empresa. En xeral penso que é fundamental o coñecemento deste tema xa que oxe en dia son moitas as persoas que de deciden a emprender cando non atopan traballo por conta allea.


Ligazón permanente á imaxe encaixadaPor ultimo, so me queda comentar as sesión relativas as competencias dixitais. Decir que estas sesións, en ocasións, eran un pouco caóticas xa que se explicaba o funcionamento de determinadas redes que, ao chegar a casa e poñerse a elo, non sabiamos como avanzar. Sen embrago, considero que nos tempos nos que estamos é necesario actualizarse,  e esta actualización tamén ten que incluír as redes sociais e os mecanismos da internet, xa que non demos  avanzar en coñecementos teóricos  e deixar atrás o mundo da internet. Así pois, a pesares de que este apartado sexa o que mais dores de cabeza nos trae, penso que é deber de todo orientado adaptarse aos cambios tecnolóxicos e saber empregar estas ferramentas, xa que ao igual que o resto dos coñecementos, todos contribúen na mellora da orientación. Tema aparte é  si se consideran de utilidade ou non na labor diaria dun orientador.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios