23:47
0


 

O acceso ao emprego das persoas en situación ou risco de exclusión social conta cunha maior dificultade ca o resto do grupo de persoas en desemprego.

No actual contexto de crise económica o 'perfil' do que se considera tradicionalmente  colectivos desfavorecidos e se enmarcan no contexto da exclusión social, xa non é o mesmo, e pode afectar a calquera persoa que se vexa nunha circunstancia particular que poida desencadear este proceso.

Por tanto a exclusión social é unha realidade con gran complexidade e resultado da confluencia de varios factores como poden ser a escasez de ingresos económicos, as dificultades de acceso a prestacións ou coberturas de carácter social, imposibilidade de incorporarse ao mercado laboral, falta de cualificación profesional, exclusión territorial, entre outras. Características que poden incidir e derivar nesa exclusión social.
  
As medidas e plans de emprego non son eficaces cando estamos a falar de persoas nesta situación, posto que en xeral os servizos de orientación contemplan as mesmas liñas de actuación e intervención para persoas desempregadas con diferentes problemáticas.



Nestes casos, estamos a falar de realidades moi complexas que sería moi importante que os servizos de orientación laboral tivesen en conta. A inserción laboral e acceso a formación ou formación ocupacional da gran maioría destas persoas é, no contexto actual, case unha utopía.




Os servizos e paquetes de medidas que se ofertan non chegan a cada vez máis persoas, que se ven nunha espiral da que non hai saída.
A dispersión xeográfica, a escaseza de recursos económicos e a nula oferta de accións de carácter ocupacional na contorna fan que non haxa unha saída real e viable da situación na que se atopan.


Estamos aínda moi lonxe de traballar dun xeito real dende a orientación laboral con estas persoas e é preciso facer unha chamada de atención, porque se non cambian as políticas neste sentido e non se atende á realidade farase cada vez máis pantente ese desequilibrio. Non debemos esquecer que hai un alarmante grupo de persoas desempregadas que están ás portas desa exclusión social e hai unha ignorancia deliberada cara ela.








Falamos da neciesidade dunha orientación 2.0, do coñecemento e importancia decisiva do uso das redes sociais, de termos como curación de contidos, networking, coaching, cloud, e unha longa listaxe delas como parte fundamental  do presente da orientación laboral pero no contexto da exclusión social, na realidade da nosa comunidade isto non ten cabida.



Rocío Gómez
Técnica de Inclusión Sociolaboral


Next
This is the most recent post.
Publicación máis antiga

0 comentarios:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios